jueves, 10 de noviembre de 2016
CARMEN PROTAGONISTA
A segunda semana de novembro, foi o turno de Carmen. Compartiu con nós as fotos da súa familia, ensinounos a súa boneca preferida e unha area máxica coa que se poden facer castelos xigantes sen empregar auga. Contounos o seu conto preferido "La casa de Tomasa" e hoxe viñeron ao cole os seus pais Iago e María xunto coa súa irmá Uxía para ensinarnos a facer plastilina caseira, amasamos moito coas mans e tinguimos a masa con colorantes alimenticios, por iso algúns nenos/as levan as mans manchadiñas de colorante (uns máis ca outros). Cada neno/a levou para casa unhas mostras de diferentes cores coa receita por se vos animades a facela na casa agora que comezan os días de choiva.
Moitas grazas a María e Iago por preparar para nós un obradoiro tan divertido, só tendes que ver as nosas caras!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario