lunes, 28 de noviembre de 2016

APRENDENDO MATEMÁTICAS MANIPULANDO

Dende que comezamos o curso estivemos a traballar o concepto de número que non consiste soamente en contar de memoria, senón asociar o número á cantidade correspondente e a grafía. Para elo empregamos diferentes materiais de aula.
Comezamos traballando os conceptos moitos/poucos, máis que/menos que e igual.
Ademais comezamos a facer parellas de conxuntos iguais e tamén a crealos nós mesmos, sempre empregando cousas que temos na clase con bloques de construcións, pinchitos, moedas, pompóns, coches...
Vos deixo unha pequena mostra do que conseguimos facer entre todos! Xuntos aprendemos uns dos outros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario