Como xa sabedes, rematamos a nosa viaxe por Exipto e agora chegamos xunto aos nosos compañeros de viaxe, Phileas Fog, Passpartout e Aouda a un novo país, a India. Estamos a coñecer moitas cousas sobre este país. A súa cultura, os seus traxes, os seus monumentos máis importantes... e as comparamos coa nosa e a cultura exipcia pois a mistura de culturas, coñecer outras formaas de vivir e sentir dende o respeto, sendo conscientes das diferenzas é unha experiencia enriquecedora e nunca resta, sempre suma e fará que a pesar do pequenos que son estes nenos e nenas de 3 anos poidan desfrutar da vida dende o respeto que todos nos merecemos.
Porque ao final a vida é moito máis completa canto máis vivas, máis coñezas e máis sintas.
Durante estas últimas semanas coñecimos as costumes dos habitantes da India, os traxes das mulleres chámanse Shari e os dos homes Dothi. O coñecido como terceiro ollo, simboliza a madurez dos homes e das mulleres, e chámase bindi. As nosas compañeiras Paula e Carmen trouxéronnos un para cada neno/a. Tamén trouxeron contos e incienso e Carmen vestiuse co traxe tradicional da India.


Ademais aprendimos que os animais como as vacas e os elefantes son moi valorados na India e moi respetados. Fixemos unhas caretas moi divertidas de elefantes que decorarmos ao noso gusto.
Coñecimos os monumentos máis importantes da India, o "Palacio de los Vientos" e o "Taj Mahal"
Pronto vos mostraremos máis cousiñas!













No hay comentarios:
Publicar un comentario