domingo, 22 de enero de 2017

" O OLLO DE HORUS"

Á volta das vacacións de Nadal, comezamos a aprender un novo poema  de Miguel de Unamuno  relacionado coa  historia do ollo de Horus. Conta a mitoloxía que Horus era fillo de Osiris, o seu irmá Seth, fixo que o deus Osiris quedara durmido para sempre. 

Horus combatiu en varias ocasións contra Seth para vengar ao seu pai. E nunha desas loitas ámbolos dous  sufriron múltiples feridas, como a perda do ollo esquerdo de Horus. 

Grazas a Tot, o ollo de Horus foi sustituido polo Udyat, para que o deus puidera recuperar a visión. Por iso este ollo era especial, era considerado como un amuleto máxico.

Podedes escoitar o poema da voz dos máis peques e ver o resultado da reprodución do ollo de Horus no caderno de poemas que levaron para casa esta fin de semana.










Aproveitei tamén para pintarlle un dos seus propios ollos como Horus e ían encantados. 
Grazas as aportacións das familias pouquiño a pouco estamos a aprender moitisimas cousas sobre Exipto e ademais xunto cos niveis  de 5 anos  estamos a facer unha maqueta de Exipto co Río Nilo, as falucas feitas con papiro, as palmeras, os animais do río... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario