domingo, 23 de octubre de 2016
NUNO PROTAGONISTA DA SEMANA
A segunda semana de outubro, tocoulle o turno a Nuno. Contounos algo sobre a súa vida, sobre a súa familia e trouxo o cole os seus xoguetes favoritos, uns dinosaurios e un conto de animais.
Os seus pais, Sonia e Xose Manuel visitáronnos o venres para falarnos de dúas viaxes por África, concretamente Namibia e Marruecos. Aprendemos costumes deses países, faláronnos dos animais máis característicos e dalgunhas curiosidades das tribus africanas. Para rematar pintamos unha casiña típica africana con ceras.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario