lunes, 23 de mayo de 2016

LECTURA NA BIBLIOTECA COA NAI DE MIRIAM

O pasado xoves 12 de maio, Marta, a nai de Miriam, compartiu con nós un fermoso conto "O segredo de Flora". Conta a historia de Flora, unha nena que ten un segredo fantástico pois aprendeu unhas palabras máxicas que axudan a non sentir enfados nin ganas de pelexar: 
“1,2,3 o enfado polas mans.
 1, 2, 3 o enfado polos pés.
 1,2,3,o enfado xa se vai. 
 1,2,3 o enfado xa o botei”
 Neste conto ensináselle aos máis pequenos que a violencia é intolerable en todas as súas manifestacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario