viernes, 8 de abril de 2016
INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA, PARTICIPAMOS NA RADIO ESCOLAR E ELABORAMOS UNS FERMOSOS FOGUETES
Ola familias
Vos deixo unha mostra das actividades feitas as últimas semanas.
Fixemos unha pequena investigación na biblioteca cos libros de consulta sobre o "Universo", recadamos información útil para seguir ampliando os nosos coñecementos sobre o tema e para poder prepar o guión do programa de radio.
O día 1 de abril colaboramos co alumnado de 6º na realización dun programa de radio no que todos nós, os nenos e nenas de 5 anos(facéndonos pasar por astronautas que vivían na Estación Espacial Internacional) fomos entrevistados para falar acerca da vida dos astronautas (que comen, como durmen, como van ao baño, como se asean..., ademáis recitamos un fermoso poema de Luis Amado Carballo (A lúa). A verdade é que o fixemos xenial!
Por outra parte, ese mesmo día, as nais de Noa, Xiana, e Eire, xunto coa nosa mestra de prácticas Nerea fixemos uns foguetes fermosísimos. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario