lunes, 7 de diciembre de 2015
EVENTOS NOVEMBRO
Neste mes conmemoramos o 25 de novembro, como "o día dos bos tratos", (día internacional contra a violencia de xénero), fixemos un acto no ximnasio no que participou todo o cole. Cada clase elaborou unha apócema ou un conxuro para os bos tratos. Os nenos de infantil fixemos a nosa propia receita por aula, na que incluimos como ingredientes un montón de bicos, apertas, respecto... todo mesturado e listo para servir. Visitounos na clase Elsa, coa que fixemos un obradoiro de igualdade, cos xogos que nos propuxo puidemos comprobar que nenos e nenas podemos compartir os mesmos gustos en canto a xoguetes ou profesións que elixamos cando sexamos maiores. E, por suposto, en novembro celebramos os aniversarios de Dani, Álex, Ena e Gabriela. Moitísimas felicidades!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario