lunes, 16 de noviembre de 2015

VIAXANDO NA NOSA NAVE ESPACIAL

A semana pasada recibimos unha carta da nosa amiga Laika, na que contaba que estaba moi soa no espazo e que lle gustaría coñecernos, pronto xurdiu a idea por parte dos nenos e nenas de ir a vixitala. Algún neno dixo que precisaríamos 25 traxes de astronautas e por suposto unha nave, asi que pedimos axuda ás familias e puxémonos mans á obra. Comezamos a pintar e decorar as ventás da nave para poder ver as estrelas. Deixámola secar durante a fin de semana e hoxe tres nenos/as xa a estrearon na hora da merenda. Todos están desexando que chegue o seu turno. Esperamos que vos guste tanto como a nós!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario